Friday 20 de September de 2024

O Grupo Municipal Socialista alerta do “dano medioambiental irreparable” que as obras da senda ciclista ata San Caetano están a provocar na contorna do Banquete de Conxo


▪ Nunha visita á zona coa asociación de veciños Conxo Aberto, instaron novamente á administración autonómica a paralizar as obras e revisar o trazado: “o proxecto, nos termos actuais, supón atravesar esta contorna natural cun carril asfaltado de dous metros de ancho”

▪ Desde a asociación veciñal, Luciano Villar asegura que a actuación está “destruíndo zonas consideradas Patrimonio Mundial pola UNESCO”

O Grupo Municipal Socialista súmase ás reivindicacións da veciñanza de Conxo para solicitar a paralización da senda ciclista que prevé unir o Milladoiro con San Caetano atravesando o Banquete de Conxo. Nunha visita á zona das obras paralizadas no Banquete, instaron novamente á Xunta de Galicia a “rectificar” e empregar un trazado alternaFvo para a execución do itinerario.
O portavoz municipal, Gonzalo Muíños, critica que a actuación, nos termos nos que se está a executar, “non se adecúa a unha contorna de especial protección como esta”. De feito, Muíños criFca que a “teimosía” da Xunta de Galicia “xa tivo un gran impacto” no bosque. Nunha das zonas que percorreron pódese ver como a Xunta está a executar un viario alternativo ao xa existente, deforestando para isto unha gran masa forestal e contradicindo o que o propio informe de Patrimonio indica: que se deben empregar os itinerarios existentes.
“Seguiremos ao carón da veciñanza esixindo unha rectificación para evitar que se atravese esta contorna natural cun carril asfaltado de dous metros de ancho” asegurou Muíños quen lembrou ademais que os socialistas sacaron adiante xa no pleno da Corporación Municipal unha moción para solicitar de ICOMOS un informe sobre as consecuencias desta actuación.

Incompatibilidade co proxecto para a creación dun bosque de saúde no río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo

A edil socialista Mercedes Rosón insistiu en reclamar da Xunta unha alternaFva ao trazado, como xa solicitaran desde o Concello coas alegacións que presentaran no seu momento polo execuFvo de Sánchez Bugallo, pero tamén unha solución construFva diferente que provoque “o menor impacto posible sobre o banquete de Conxo”. Algo que, insiste, é fundamental para que a actuación sexa compaFble co proxecto de Restauración do ecosistema fluvial e creación dun bosque de saúde no río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo.

“Mentres a Xunta do Pardtio Popular busca talar árbores e asfaltar as beiras do banquete, nós o que fixemos no goberno anterior foi conseguir fondos europeos para recuperar a hábitat fluvial do bosque” afirmou Rosón en referencia a dito proxecto que contempla a creación dun bosque de 258 mil metros cadrados e a restauración das marxes do río ao longo de 2,5 quilómetros.
Tamén desde a asociación veciñal de Conxo Aberto, Luciano Villar sinala incluso a unha posible malversación de fondos públicos, asegurando que “Europa non pode dar cartos para replantar un bosque pola mañá e asfaltalo pola tarde”. De feito, nos úlFmos días Ecoloxistas en Acción denunciou á Xunta ante a Fiscalía seguindo este mesmo razoamento.

Villar con[a en que “o sentido común chegue á administración galega” toda vez que, o actual proxecto, “está destruíndo zonas consideradas de patrimonio mundial pola UNESCO”.
“Non se busca un uso alterna(vo de mobilidade, senón construír unha nova senda de uso recrea(vo”
Na visita na que parFciparon tamén o presidente da asociación de veciños de Conxo Aberto, Jesús Santos e a concelleira socialista Mila Castro, asociación e Grupo Municipal coincidiron en sinalar o erro de base na formulación do itinerario: “o actual trazado e deseño non busca un uso alternaFvo de mobilidade, simplemente estase a construír outra senda de uso recreativo” asegurou Mercedes Rosón.
Neste senFdo preguntouse “como se entende que a alternaFva para un veciño de Milladoiro que quere ir ao CHUS en bicicleta, pase por descender ata o río Sar por Conxo?”.
Tamén na visita sinalaron que hai un gran número de sendas peonís, polas que xa na actualidade conviven con total normalidade peóns e ciclistas, pero que pasarían a estar asfaltadas con un ancho de dous metros e arredor das que se instalarían luminarias prexudiciais para o hábitat natural da zona. De feito, algunha desas zonas que no proxecto da Xunta se prevé asfaltar, pasaría ao carón de muíños actualmente en estado de abandono sobre os que, pola contra, non se prevé actuar.
Unha mostra máis das decisións unilaterais da Xunta do PP
Mercedes Rosón arremeteu duramente contra a Xunta de Galicia polo que cualifica como unha nova mostra das “decisións unilaterais dunha administración autonómica que, en vez de dedicarse a reforzar e mellorar as competencias que ten en exclusividade, dedícase a desenvolver actuacións de ámbito local nas cidades galegas”. Rosón insiste en que o proxecto “comezou mal, sen diálogo nin coordinación entre administracións”,“seguiu mal coa resposta social” e dubida de como rematará esta cuesFón, lembrando ademais que o proxecto da senda “sempre foi reivindicado polo señor Borja Verea como propio”.

Deja un comentario